viernes, 9 de octubre de 2015

Os pensadores ilustrados
Os ilustrados eran un grupo de filósofos e cientificos maioritariamente francéses, que achegaron as súas ideas ao pobo, que cuestionaban o Antigo Réxime e os seus principios, os principais ilustrados foron:

 -Voltaire, nado  en París no 1694 e morreu en París no 1778 . Defendeu a liberdade de pensamento e tolerancia relixosa.
Estivo preso por facer críticas satíricas aos gobernantes e foi desterrado a Londres , onde se codeou coa élite intelectual e científica . Cando voltou a Francia truxo as ideas dos pensadores progresistas londinesnses coma Locke e Newton .
Escribu ‘ Cartas filosóficas’  onde defende a liberdade relixiosa e ideolóxica.
O Diccionario filósofico ( 1764 ) é a súa principal obra, onde se recolle o seu principio de tolerancia relixiosa
.
-Montesquieu, nado en Burdeos en 1689, morreu en París en 1755. Estudou dereito e viaxou por Europa, ó que máis lle chamou a atención foi o modelo político británico que lle valeu  para criticar a Monarquía absoluta que había en Francia naquela época.
En 1748 publicou a súa principal obra  ‘ O Espíritu das Leis ‘ ; onde define a Monarquía como un réxime onde tamén era posible a liberdade resultado da división de poderes e da limitacións das ambicións do rei .Este modelo foi o que quixo aplicar en Francia . A clave sería a división dos poderes executivo , lexislativo e xudicial.

-Rosseau,nado en Suíza en 1712 e morreu en Francia no ano 1778 . Foi escritor , filósofo , botánico , músico e naturalista ; foi un ilustrado aínda que tivo moitas diferencias con outros ilustrads como Voltaire .
En 1762 publicou  ¨ O Contrato Social¨ onde expón que a única forma de goberno legal será un Estado Republicano onde todo o pobo lexisle independentemente. Desenvolveu un esquema social no que o poder recae sobre o pobo. Isto abre paso á democracia .